Compostela Solidaria

Solidariedade é progreso

ESTO É MOI DURO

14 Mayo, 2008

Esto é o que debe estar pensando Mariano Rajoy, dende fai unas semanas. Cada tres ou catro días lle sae algún exemplar do PP para dala nota, desmarcarse, criticarlle, ou similar.

Lembramos que un dos lemas da campaña do PP nas eleccións de marzo era con cabeza e corazón. Eso o que debe estar sopesando Mariano, por unha parte tentar mostrar unha imaxe máis centrista do partido alonxándose dos berros cavernarios e sendo vilmente criticado por estes; ou ben deixar as cousas como estaban e facer unha lexislatura dura e de tensión electoral ante as citas galegas e vascas

O que pasa, é que neste momento de crisis primaveral, eu descoñezo onde está a cabeza e o corazón de Mariano

Esto é moi duro…, seguirá pensando. qué é actuar con cabeza?. Pensar racionalmente en modernizar o discurso do PP.E qué é actuar con corazón?. Deixarse levar polo día a día, e vivir en felicidad, e tentar conquerir o prohibido, o que non lle deixaron facer José Mari e os que puxo ao seu redor. Agora, parece que Mariano tirouse a piscina é un pouco libre dun contexto interno complicado, coa caverna en contra. Pero sinceramente penso que está feito un lío, será a primaveira, a presión, o que lle di o corazón ou o que pensa racionalmente…

Pode ser que moitos militantes do PP que acudan ao vindeiro congreso, imitando ao Totus Tus de certo Papa, poidan levar pancartas que poñan:

T E M D M

Todos Estamos Moi Despistados con Mariano

Posted in Política | No hay comentarios »

37 CONGRESO FEDERAL

14 Mayo, 2008

 

 

O 37 Congreso Federal xa está na rede.

Xa está en marcha a web do Congreso na que se pode descargar documentos como a Ponencia Marco.

Tamen en Facebook abriuse un grupo de debate  para recoller as opinións e aportacións que poida xerar a Ponencia Política que o PSOE aprobará no seu 37 Congreso Federal.

 

Posted in España, Política | No hay comentarios »

OS MANDAMIENTOS DO LAICISMO

11 Mayo, 2008

Despois de que a Vicepresidenta do Goberno, declarara que o executivo ten a intención de avanzar na laicidad do Estado, o diario Público, ven de facer unha proposta dos DEZ MANDAMIENTOS DO ESTADO LAICO. Estes serían:

I. Educarás en igualdade
II. Non sermonearás fora do púlpito
III. Non impondrás os teus símbolos ao Estado
IV. Non misturarás a gloria terrenal e celestial
V. Non acapararás as fiestas do calendario
VI. Non invadirás instituciones públicas
VII. Coidarás o teu propio patrimonio
VIII. Acatarás a lei de datos
IX. Non utilizarás os medios públicos
X. Te autofinanciarás

E sobre esto último, estamos na campaña do IRPF, e xa sabemos todos e todas na casilla onde riscar.

Posted in Solidariedade, España, Igrexa | 2 Comentarios »

CONSORCIO, CHURINGUITOS E ACTITUDES

8 Mayo, 2008

Hoxe é noticia en diferentes medios que Vicepresidencia de la Xunta de Galicia, é decir Anxo Quintana, expulsa do Consorcio Galego de Servizos Sociais a oito concellos gobernados polo Partido Popular, por criticar este chiringuito (perdón organismo). Despois de asinar fai uns días un convenio con Vicepresidencia para a posta en marcha, entre outras cousas, das Galescolas, Quintana rompe unilateralmente o citado convenio debido as críticas feitas por estes alcaldes populares. Entre estes concellos esta o de O Pino e Lousame, próximos a Compostela.

Aparte de saber encaixar as críticas, os pataleos cando se desempeña un cargo público, e máis si estamos falando do Vicepresidente da Xunta de Galicia, e algo simplemente de “saber estar”. As actitudes e aptitudes dunha parte dos dirixentes do BNG, sobre todo estes dirixentes que tocaron cacho de poder, a medida que remata a lexislatura é as veces deplorable. Podemos lembrar os recentes desplantes de Ánxela Bugallo ao Ministro de Cultura.

Pero estas actitudes e aptitudes tamén as temos a nivel local, e sen ir máis lonxe no meu Concello: Teo. Aquí está gobernando cunha exigua maioría de 6 concelleiros (de 17) o BNG. Deixando aparte a bisoñez do alcalde, Martiño Noriega, o non saber estar, o estar dando magoa nas diferentes entrevistas nos medios de comunicación Quizás o máis penoso e a súa cobardía nos plenos, ante as propostas do PSdeG-PSOE, levando todo o terreo persoal, pensando e dicindo que as mocións e as propostas son insultos  a súa persona, non deixando debatir iniciativas ou alongando artificiosamnete un pleno para que non se poda chegar os rogos e preguntas.

A verdade, que moitos socialistas temos moita paciencia, pero estas maneiras que trasluce o BNG na súa maneira de gobernar, nos fan pensar e actuar cun “BASTA XA”. Os bailes para persoas maiores que se criticaba na etapa do  Partido Popular, son agora eles quenes os organizan e defenden como “hábitos de vida saudables”, simplemente cambiando a O Fary por productos enxebres.

Por eso polo menos en Teo, no meu concello; ante a deriva nacionalista e integrista do alcalde Martiño Noriega

está o talante, a experiencia, o traballo e sobre todo a preocupación polos problemas dos veciños dos Socialistas de Teo e do seu Secretario Xeral Jano Leis.

 

Posted in Galicia, Política | 4 Comentarios »

OCUPANDO ESPAZO

3 Mayo, 2008

Fai poucos días o Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Ricardo Varela, anunciaba o adelanto da celebración do Congreso dos Socialistas Galegos para o 25, 26 e 27 de xullo. Aparte da miña sorpresa inicial, non podo máis que considerar que a designación destas datas é moi acertada. Por unha banda, o cheiro preelectoral está algo máis que presente na política galega é este adianto do Congreso, deixa enriba da mesa a especulación dun adianto electoral para o último trimestre do ano. Por outra banda este adianto ocupa o espazo que o nacionalismo galego ten o 25 de Xullo.

O 25 de Xullo, para algúns é o día de Santiago, ou do Apóstolo, ou o Día de Galicia ou para o BNG o Día da Patria Galega. E este día, aparte das festas de Compostela, da Ofrenda Real, ou da entrega das medallas de Galicia; politicamente está monopolizado polo nacionalismo galego coa manifestación anual polas rúas de Compostela, rematando cun acto político na Praza da Quintana. É o acto de forza (ou força para algúns deles) anual do BNG, é o acto político principal do nacionalismo galego, é o acto político que leva as páxinas da prensa do día 26 de xullo e con este ambiente preelectoral este ano significará o ”prietas as filas” do BNG.

 

 

Por iso, que o 25 de xullo comence o Congreso do PSdeG-PSOE, significa ocupar por fin ese espazo acotado ao BNG e ocupar tempo nos medios de comunicación ese mesmo día e o días seguintes e siginifica levar a iniciativa política.

En resume, un acerto o cambio de data e se como indica Ricardo Varela o congreso representará “a consolidación do cambio en Galicia”, temos ahí as eleccións e coa esperanza duns importantes resultados.

Posted in Galicia, Política | No hay comentarios »

CONTRA A INXERENCIA RELIXIOSA NA SANIDADE PÚBLICA

26 Abril, 2008

Tamén chega a este blog a cibercampaña promovida contra a inxerencia la igrexa na sanidade pública madrileña. Lánzase esta campaña para encher o correo dos responsables da sanidade madrileña de mensaxes en contra da introducción de sacerdotes e personal relixioso nos comités de ética dos hospitais públicos de Madrid. Para participar podes encher o formulario, introducindo o teu email e o mail dun amigo para difundir a campaña. Así enviarse automáticamente un mail aos responsables da sanidade madrileña protestando en contra da inxerencia relixiosa nas decisións médicas, ademáis de informar da campaña a un amigo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se queres difundir a campaña no teu blog entra no Observatori de Ciberpólítica de Joselito, impulsor da iniciativa.

Posted in España, Ciberactivismo, Miserias humáns, Igrexa | 1 Comentario »

EN QUE ESTADO ESTAMOS

25 Abril, 2008

Inda non salgo do meu asombro, cando hoxe escoitei e leín que os capelláns formarán parte dos comités de ética dos hospitais públicos madrileños. É coñecido o meu agnosticismo militante, e fai dúas semáns na promesa do novo goberno a presenza do crucifixo (no ano 2008) na mesa xa me resultou chocante, porque supoñemos que estamos nu estado non confesional. Despois duns anos nos que a Igrexa parecía nun segundo plano político, nestes últimos tempos parece recobarar o poder que durante moito séculos tivo na nosa sociedade.

Nunca entendín que houbese capelláns castrenses, capelláns en hospitales públicos, que nas inauguracións un cura bote a boa sorte cun pouco de auga ou que das arcas do Estado salgan millóns de euros para sufragar unha soa crenza relixiosa. Son dos que pensa que unha das razóns de que España non sexa un dous países máis adiantados é o noso asoballamento a relixión católica e a maneira que durante séculos castrou a capacidade de progreso da sociedade. Noto a igrexa de novo envalentonada, cos bispos na rúa, adoptando claramente una posición electoral… e non é soamente unha sensación dunha persoa que non usa a relixión e unha sensaciónn compartida por unha parte da poboación.

Pero, para cándo unha real separación da Igrexa Católica e o Estado??. Eu casi xa perdín a esperanza, levamos 30 anos de democracia, dos cales 18 foron por gobernos do PSOE, e aínda estamos así.

E agora, grazas ao goberno da lideresa liberal, os curas poden opinar sobre temas como por exemplo os coidados paliativos dos enfermos. E qué vai a opinar o mesmo que o Arzobispo Emérito de Pamplona. Ante a deterioro denunciado por diferentes instancias da sanidade pública madrileña, o mellor é meter a un cura en lugar dun profesional. E sobre os cuidados paliativos e a Igrexa, non podo máis que estar de acordo con Elena Valenciano, cando no seu blog escribiu  “estoy dispuesta a que renunciemos a los cuidados paliativos antes de morir con la condición de resucitar al tercer día”

Por esto e por moitas cousaa risquemos a casilla de FINS SOCIAIS no IRPF de este ano, porque así podemos facer máis.

 

Posted in España, Política, Igrexa | No hay comentarios »

RAJOY CONTRA A CAVERNA

20 Abril, 2008

Despois do discurso de onte de Rajoy, no que xa definitivamente (eso agardamos) soltou o lastre da caverna, ainda máis complicado o vai ter para poder estar ahí sen o respaldo dun sector, máis ben do sector máis reaccionario do xornalismo.

Sen que sirva de precedente, vou a poñer o enlace co blog (por chamarlle algo) de monseñor FJLS, que con título de La descarada provocación de Rajoy, xa o di todo.

En El Plural podemos ler tamén as palabras que lle adica Pedro J. dende o editorial do seu tabloide.

E sinceramente estou agardando as esperadas palabras de Aznar ou de Ana Botella, para clarexar posturas. Pero de tódolos modos penso que a intervención de onte de Rajoy supoñe un antes e un despois. Pero como din os cavernarios, os únicos que estamos contestos con estas palabras somos os socialistas porque con Rajoy vivimos moi ben.

Merece a pena escoitar de novo esta intervención de Mariano.

Posted in España, Política | No hay comentarios »

BERROS CAVERNARIOS

18 Abril, 2008

Moi dura vai a ser a oposición de Mariano Rajoy nesta lexislatura sen o respaldo da caverna.

Esa caverna que levou a Aznar en volandas á Moncloa, que mentiu co 11M, que guiou os pasos do PP nestes anos, que compadrea coa AVT, que sae a rúa cos curas, que incita a obxectar da Educación para a Cidadanía. Esa caverna que insulta, degrada, menosprecia, sempre en aras do que chaman Liberdade. Esa caverna que cando no ten que criticar, critica a presenza de mulleres nun goberno, polo simple feito de ser muller; esa caverna casposa, esa caverna que berra con odio enfrentando aos españois e despois reza e se confesa. Esa caverna que non respetou a decisión de 11 millóns de votantes fai catro anos e critica a doutros 11 millóns de votantes fai uns meses. Esa caverna coa que tenta soltar amarras Rajoy, pero o ten moi amarrado. Esa caverna que anima, empurra, exalta e dalle ánimos a Esperanza Aguirre para que se enfrente a Rajoy. Esa caverna que teme perder cotas de poder e de influenza.

 

 

Esa é a caverna. Os berros dos cavernarios os cita moi acertadamente Daniel Anido, nun artículo en cadenaser.com que titulou “La baba en la pluma”. Pode decirse de outra maneira, e tamén se pode decir así.

Non soamente o PP necesita unha renovación, certa clase de periodismo tamén.

Posted in Política | 1 Comentario »

14 DE ABRIL

14 Abril, 2008

Posted in Política | No hay comentarios »

 
Pechar
E-mail It