Inda non salgo do meu asombro, cando hoxe escoitei e leín que os capelláns formarán parte dos comités de ética dos hospitais públicos madrileños. É coñecido o meu agnosticismo militante, e fai dúas semáns na promesa do novo goberno a presenza do crucifixo (no ano 2008) na mesa xa me resultou chocante, porque supoñemos que estamos nu estado non confesional. Despois duns anos nos que a Igrexa parecía nun segundo plano político, nestes últimos tempos parece recobarar o poder que durante moito séculos tivo na nosa sociedade.
Nunca entendín que houbese capelláns castrenses, capelláns en hospitales públicos, que nas inauguracións un cura bote a boa sorte cun pouco de auga ou que das arcas do Estado salgan millóns de euros para sufragar unha soa crenza relixiosa. Son dos que pensa que unha das razóns de que España non sexa un dous países máis adiantados é o noso asoballamento a relixión católica e a maneira que durante séculos castrou a capacidade de progreso da sociedade. Noto a igrexa de novo envalentonada, cos bispos na rúa, adoptando claramente una posición electoral… e non é soamente unha sensación dunha persoa que non usa a relixión e unha sensaciónn compartida por unha parte da poboación.
Pero, para cándo unha real separación da Igrexa Católica e o Estado??. Eu casi xa perdín a esperanza, levamos 30 anos de democracia, dos cales 18 foron por gobernos do PSOE, e aínda estamos así.
E agora, grazas ao goberno da lideresa liberal, os curas poden opinar sobre temas como por exemplo os coidados paliativos dos enfermos. E qué vai a opinar o mesmo que o Arzobispo Emérito de Pamplona. Ante a deterioro denunciado por diferentes instancias da sanidade pública madrileña, o mellor é meter a un cura en lugar dun profesional. E sobre os cuidados paliativos e a Igrexa, non podo máis que estar de acordo con Elena Valenciano, cando no seu blog escribiu “estoy dispuesta a que renunciemos a los cuidados paliativos antes de morir con la condición de resucitar al tercer día”
Por esto e por moitas cousaa risquemos a casilla de FINS SOCIAIS no IRPF de este ano, porque así podemos facer máis.
Compartir