Archivo de Marzo de 2008

XA TEMOS BIBLIOTECA PÚBLICA

Domingo, 30 de Marzo de 2008

Efectivamente, dende onte Santiago xa conta con unha biblioteca pública. Ainda que pareza estrano nunha cidade como Compostela, ata o de agora carecíamos de algo que se poidese denominar Biblioteca Pública. Hai Biblioteca Universitaria, Municipais e de algunha entidade privada, pero o que noutras cidades conocemos como Biblioteca Púbica carecíamos dela.

Temos que remontarnos a un Ministro de Cultura chamado Jorge Semprún e ao ano 1993 para situar o momento en que se comenza o proxecto. Durante este 15 anos sin dúbida a maior benefactora da Biblioteca foi a actual lideresa e anterior Ministra de Cultura, Esperanza Aguirre polos atrancos, retrasos e sobre todo ausencia de financiación. E como de ben nacido e ser agradecido, hai que recoñecer que o paso de Mariano Rajoy polo Ministerio supuxo un pulo importante ao proxecto.

E é agora no ano 2008, cando se inaugura a Biblioteca que leva o nome de “Anxel Casal” en homenaxe ao político, editor, intelectual e alcalde de Santiago fusilado en 1936.

Ánxel Casal 

Tamén podemos decir, que por fin inaugurouse a Biblioteca, porque houbo unha intentona fai dous meses, pero esa inauguración foi abortada pola ausencia da Conselleira de Cultura da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo, que foise de vacacións e sobre todo porque estaba valeira de libros.

O importante, tras quince anos dende Jorge Semprún ata César Antonio Molina, xa temos biblioteca.

MASOQUISTA, MASOQUISTA….. NON TE SON

Viernes, 28 de Marzo de 2008

Non o podo evitar, me supera. Cada vez que Aznar abre a boca para sentar cátedra,  teño algo no meu interior que me obriga a contestarlle. Xa sei que o que eu diga impórtalle pouco, pero o tranquilo que quedo eu……non o paga ninguén.

A última deste rapaz, é que os españoles temos unha tendencia ao masoquismo histórico, por suposto referíndose aos resultados das últimas eleccións. Esto o dixo en Arxentina na presentación do seu libro “Cartas a un joven español”.

Neste mesmo foro deixou outras das súas perlas “España é unha das poucas nacións que deixou pegadas na historia”, efectivamente como outras moitas nacións e civilizacións. Pero como gracias a él sabemos que o 11M é unha cousa que xa ven larvada dos anos de Don Pelayo e Covadonga, non nos é raro que sentencia sobre o masoquismo español.

 

 

Que facer con este home, pois si Monserrat Nebrera non o sabe, eu non vou a dar ideas. Pero que ben está algunha xente calada.

Xa sabemos, eso que se di de que España é socioloxicamente de esquerdas é mentira. A realidade é que somos masoquistas.

APROBADA A ELIMINACIÓN DOS SÍMBOLOS FRANQUISTAS

Miércoles, 26 de Marzo de 2008

Na sesión de hoxe do Parlamento de Galicia, se aprobou unha iniciativa parlamenataria do BNG polo que se insta á Xunta de Galicia a eliminar a simboloxía franquista e os nomes ligados á dictadura dos edificios dependentes da Xunta de Galicia.

Hoxe en día hay centros escolares que teñen o nome de Francisco Franco ou Carmen Polo e hospitales como Juan Canalejo (Xefe Falanxista) en A Coruña. Fai uns anos o maior símbolo do franquismo en Galicia, que era “a estatua do cabalo” como lle chamábamos a estatua de Franco en O Ferrol foi retirada, pero ainda así queda moita simboloxía franquista en Galicia.

 

 

Resulta curioso que en cidades como Vigo e Santiago na transición ou máis recentemente Pontevedra se eliminaron os nomes das rúas mentras que en A Coruña non só se convive con Juan Canalejo senon tamén con División Azul, General Mola… por eso tamén se aprobou unha enmenda do PSdG-PSOE solicitando a colaboración dos concellos.

Por suposto que esta iniciativa aprobouse soamente cos votos do PSdG-PSOE e do BNG, como se pode supoñer o Partido Popular votou en contra.

Non podo máis que subscribir as palabras do parlamentario nacionalista Manuel Parga: “O Partido Popular debería desprenderse da lousa que lles impide condenar o franquismo”

FOISENOS OUTRO GRANDE

Martes, 25 de Marzo de 2008

Acabo de enterarme da morte de Rafael Azcona. Se fai uns meses facía unha reseña á morte de Fernando Fernán Gómez, non podo deixar pasar por alto a un dos máis grandes guionistas do cine mundial. Se nos poñemos a citar guiones de Rafael Azcona, citaremos grandes películas do cine español: El Verdugo, Plácido, El Pisito, El Cochecito, La escopeta nacional, El año de las luces, Ay Carmela, Belle Epoque, El Bosque Animado o La lengua de las mariposas. Coñecido é o tandem Berlanga-Azcona, pero este mestre tamén traballou con Carlos Saura, José Luis Cuerda, José Luis García Sánchez ou Fernando Trueba.

Aquí deixo un anaco dunha das grandes obras mestras escritas por Rafael Azcona: O Verdugo

Hoxe foi incinerado cunha ceremonia civil esta persoa progresista e comprometida

 

O PP NON VOTA A FRAGA

Martes, 25 de Marzo de 2008

 

 

 

Na sesión de hoxe do Parlamento de Galicia se designaron os tres senadores correspondentes a comunidade autónoma. O PP, máis ben Núñez Feijoo leva xa uns días de pataleo coa designación dos  senadores. O PP pretendía aplicar a Ley D´Hont ao reparto dos tres senadores, polo que ao PP corresponderíanlle dous e un ao PSdG-PSOE. Fai uns días nun anterior post indicaba o acordo ao que se chegara polos tres grupos para a designación dos senadores. Pero os seguintes días o PP continuou coa súa escalada de acusación contra o bipartito.

Na votación de hoxe, os parlamentarios populares, en disconformidade co proceso, tacharon da candidatura o nome do representante do BNG engadindo a man o do segundo dos seus candidatos, o ex alcalde de Ourense Manuel Cabezas, polo cal o voto foi considerado nulo.

O resultado, Manuel Fraga foi elexido sin o apoio do grupo do Partido Popular , o acompañarán o socialista Xavier Carro e o nacionalista Xosé Manuel Pérez nunha única candidatura pechada que apoiaron os 38 diputados do PSOE e o Bloque.

Vivir para ver.

 

NOVOS MODOS OU MODOS HABITUAIS

Lunes, 24 de Marzo de 2008

Ainda que moita xente pensa que coa nova lexislatura abriríase unha nova etapa con un novo tipo de oposición, eu sigo sendo moi excéptico. Como mostra, hoxe luns 24 de marzo o tabloide El Mundo nos amosa unha entrevista á viuva de El Chino, con este marabilloso titular.

 

 

A esta hora descoñecemos canto lle pagaron pola entrevista a esta muller, descoñecemos tamén se é unha entrevsita dosificada en varios días, descoñecemos cal será o seguinte paso dos conspiranoicos pero seguro que se fará eco nos medios habituais para seguir “manteñendo a tensión do electorado”.

Que a Orquestra Mondragón, a mochilita, o ácido bórico…que seguirá agora. Pois seguirá un mesmo tipo de oposición mentras Mariano no se separe deste grupiño de axitadores sociais.

AXUDANDO A FACER O EQUIPO DE MARIANO

Domingo, 23 de Marzo de 2008

Ainda que seguimos en Semana Santa, creo que Rouco non considera pecado visitar páxinas como Libertad Digital (permitídeme que como en outras ocasións non poña o link), ainda que debido o odio, envexa, mentiras e demáis que destila o podería incluir na nova lista de pecados. Eu por iso de pulsar a actualidade son un visitante ocasional desta reaccionaria web, e estes días entre artigos de opinión sesgada, artigos algo insultantes, o blog de FJL…. tamén hai un enlace para votar polo equipo que necesita Rajoy para esta nova e centrada etapa.

Os máis votados ata o momento son os seguintes:

Como podemos observar, sin dúbida os lectores piden un cambio a berros no PP pola aposta por xente como San Gil, Aguirre, Pizarro, Vidal-Cuadras ou Mayor Oreja. Eso si, o maior damnificado é Acebes que leva pouco máis de 3.000 votos; por certo pechando a lista aparece Manuel Lamela.

Dende aquí non vos animo a votar non vaia ser que suban moito as entradas a esta web da “libertad”.

OS CUIDADOS PALIATIVOS DE CRISTO

Sábado, 22 de Marzo de 2008

Cando xa está rematando este venres de paixón, non podo evitar facerme eco das palabras do arcebispo emérito de Pamplona, Fernando Sebastián. Por certo soamente un inciso, descoñecía a existencia da figura de “eméritos” na igrexa e tampouco sei qué facía este señor dando un sermón en Valladolid. Pois este señor coa excusa de dar o Sermón das Sete Palabras lanzou unha soflama contra a eutanasia e os cuidados paliativos da seguinte forma:”Jesús no tuvo cuidados paliativos pero su muerte fue absolutamente digna porque la miró cara a cara, con confianza, porque la aceptó con amor, porque la vivió descansando en los brazos del Padre Celestial (sic)”. O podedes escoitar no seguinte enlace da Cadena SER.

Eu ata este momento pensaba que Cristo fora executado na cruz e creo recordar que dignidade si, pero unhas horas antes lle pideu ao seu pai que “aparta de min este cáliz“.

 

 

Pois nada voltaremos a parir con dolor, a epidural será considerada pecado. Pero cando este señor teña un dolor de muelas en lugar de ir ao dentista e que lle poña unha anestesia o pode afrontar con dignidade, mirando cara a cara á caries que lle está jodiendo.

Penso que o que necesita urxentemente cuidados paliativos e esta igrexa carca e retrógada que coa que nos toca convivir. Estou a plantexarme seriamente a miña apostasía, cousa que ata agora non fixen por vagancia (meu deus, outro pecado) e por olvido.

Por certo o martes teño que ir ao dentista e vou a pecar de novo porque vou a suplicar que me poñan anestesia, non son capaz de asumir dignamente unha endodoncia.


Pechar
E-mail It