Por unha vez, e sen que sirva de precedente, non vou a adicar este post a ningún tema político nin a ningún dos outros temas que suelen aparecer neste blog. Os que me coñecen saben que algo egocentrista son, debe ser por eso que manteño este blog, para colmar o meu ego e que a xente lea as cousas que se me ocurren. E por qué a min mesmo adicarme un comentario, pois porque xa levo unhas cantas horas co díxito cambiado. E non e cualquier díxito é un cambio dun tres por un catro, teño a honra de entrar neso que se chama CORENTONES.
Ainda que a cousa non se nota moito, sigo sendo igual de serio e polo de agora non me deu unha volta a cabeza para votar ao PP. Nestas primeiras horas, levo os corenta anos con dignidade e ainda non noto eses achaques da idade, pero bueno todo chegará.
Nacín un pouquiño antes do maio francés, pero cando a universidade compostelana (aínda non se chamaba USC) era unha efervescencia antifranquista. Me lembro do atentado de Carrero Blanco (sen saber que era este señor) e tamén lembro a morte de Franco. Ao nacer en Vigo, recordo as folgas dos asteleiros, as manifestacións e as carreiras diante dos grises de moitos e moitas. Tiven a sorte de que o meu pai é máis “rojo” cá min, e digo que tiven sorte porque gracias a él puiden asistir a manifestacións, mítines do PCE ou do PSOE, concertos como os dos diferentes cantautores galegos ou dun cubano chamado Carlos Puebla, que cantaba algo dun comandante Che Guevara…. E a alegría do 1982 con Felipe e Guerra (como lles seguimos chamando) saudando na ventana do Palace….o desenvolvemento de España nos anos oitenta e noventa.
Pero como non podo evitalo teño que falar do meu grande ídolo Aznar. Como dixen en algún outro post, grazas a este individuo despois duns anos alonxado da política, volvin a tomar conciencia e a rearmarme ideoloxicamente para que neste momentos e despois de estar moi próximo ao PSdG-PSOE, tomar a decisión de militar neste partido, na agrupación do meu pobo, a Agrupación Socialista de Teo. Ahí, e agora dende dentro do PSdG-PSOE, e formando parte dun Comité Local no que estamos un grupo de compañeiros e compañeiras con ganas, con moitas ganas e con ideas, con moitas ideas onde desenvolvo as miñas inquedanzas políticas e intento botar unha man no que podo.
Pero esto é o que ten non ser da familia real, fai dous meses cando o Principe Felipe cumpriu corenta anos adicáronlle portadas mentras que eu me teño que autoadicar unha entrada no meu blog.
O que si foi unha pena é nacer o trece en lugar do catorce de abril, así se poderían celebrar duás cousas.
Compartir