Archivo de Mayo de 2008

CONCENTRACION CIDADÁ EN TEO

Domingo, 25 de Mayo de 2008

Como éxito podemos calificar a concentración cidadá desta mesma mañán en Cacheiras, promovida pola Agrupación Socialista de Teo polos problemas que ocasionan e ocasionarán as obras da chamada variante de Cacheiras da Autovía Santiago-Pontevea. Convocados polo Socialistas de Teo, estiveron presentes o resto de forzas políticas, representantes veciñais, comerciantes e veciños do concello.

Eso sí, botamos en falta a ese gran político do Concello de Teo, que é o Alcalde Martiño Noriega.

GRAZAS, O ESFORZO PAGA A PENA

 

ASAMBLEA DA AGRUPACION SOCIALISTA DE TEO

Domingo, 25 de Mayo de 2008

Onte venres tivo lugar a Asamblea dos Socialistas de Teo na que se trataron temas referentes ao 37 Congreso Federal do PSOE e ao 11º Congreso Nacional do PSdeG-PSOE.

Aparte de aprobarse, enmendas aos respectivas ponencias marco de ámbolos dous congresos, se elixiron aos representantes da Agrupación Socialista de Teo, tanto ao Congreso Nacional como ao Congreso Comarcal de Santiago.

Ao Congreso Nacional Galego a representación irá encabezada polo noso Secretario Xeral, Jano Leis e irá acompañado por José Manuel Elías e Rosa Gómez Limia.

No Congreso Comarcal, se elexirán aos compromisarios da Comarca Compostelana que acudirán a Madrid ao 37 Congreso Federal. Jano Leis, xunto coas compañeiras da executiva Yolanda Cerviño, Mila Castro e un tal Fidel Martín, acudirán a esta cita comarcal.

CONCENTRACIÓN CIDADÁ CONVOCADA POLA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TEO

Miércoles, 21 de Mayo de 2008

Os Socialistas de Teo iniciamos una campaña de mobilización co fin de respaldar as xestións que estamos a facer ante a Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia para materializar o compromiso contraído para construir unha ponte en Penelas sobre a nova autovía e levar a cabo as obras necesarias para asegurar a comunicación peonil na nova rotonda da Gaiteira en Cacheiras, para así asegurar o desenvolvemento urbanístico e económico do concello e evitar a profunda fenda que supoñen estas obras no corazón económico e comercial de Teo.

CONCENTRACIÓN CIDADÁ
DOMINGO 25 de Maio, ás 12:30

CURVA DA GAITEIRA, CACHEIRAS

 

O PSdeG-PSOE PRESENTA A PONENCIA MARCO PARA O CONGRESO GALEGO

Martes, 20 de Mayo de 2008

 

 

O PSdeG-PSOE presentou  o texto base que será obxecto de debate no décimo primeiro Congreso Nacional. Beatriz Sestayo, Xaquín Fernández Leiceaga e Mar Barcón presentaron á prensa os relatorios marco na áreas  institucional, economía, e asuntos sociais. O 11 Congreso Galego se celebrará os vindeiros  25 ao 27 de xullo en Santiago de Compostela.

A Ponencia Marco xa está na web do PSdeG-PSOE, e así mesmo se abriu un grupo en Facebook sobre este 11 Congreso Nacional.

Agora é o turno das Agrupacións Locais  para que as afiliadas e afiliados poidan debatila e facer enmendas á mesma.

ESTO É MOI DURO

Miércoles, 14 de Mayo de 2008

Esto é o que debe estar pensando Mariano Rajoy, dende fai unas semanas. Cada tres ou catro días lle sae algún exemplar do PP para dala nota, desmarcarse, criticarlle, ou similar.

Lembramos que un dos lemas da campaña do PP nas eleccións de marzo era con cabeza e corazón. Eso o que debe estar sopesando Mariano, por unha parte tentar mostrar unha imaxe máis centrista do partido alonxándose dos berros cavernarios e sendo vilmente criticado por estes; ou ben deixar as cousas como estaban e facer unha lexislatura dura e de tensión electoral ante as citas galegas e vascas

O que pasa, é que neste momento de crisis primaveral, eu descoñezo onde está a cabeza e o corazón de Mariano

Esto é moi duro…, seguirá pensando. qué é actuar con cabeza?. Pensar racionalmente en modernizar o discurso do PP.E qué é actuar con corazón?. Deixarse levar polo día a día, e vivir en felicidad, e tentar conquerir o prohibido, o que non lle deixaron facer José Mari e os que puxo ao seu redor. Agora, parece que Mariano tirouse a piscina é un pouco libre dun contexto interno complicado, coa caverna en contra. Pero sinceramente penso que está feito un lío, será a primaveira, a presión, o que lle di o corazón ou o que pensa racionalmente…

Pode ser que moitos militantes do PP que acudan ao vindeiro congreso, imitando ao Totus Tus de certo Papa, poidan levar pancartas que poñan:

T E M D M

Todos Estamos Moi Despistados con Mariano

37 CONGRESO FEDERAL

Miércoles, 14 de Mayo de 2008

 

 

O 37 Congreso Federal xa está na rede.

Xa está en marcha a web do Congreso na que se pode descargar documentos como a Ponencia Marco.

Tamen en Facebook abriuse un grupo de debate  para recoller as opinións e aportacións que poida xerar a Ponencia Política que o PSOE aprobará no seu 37 Congreso Federal.

 

OS MANDAMIENTOS DO LAICISMO

Domingo, 11 de Mayo de 2008

Despois de que a Vicepresidenta do Goberno, declarara que o executivo ten a intención de avanzar na laicidad do Estado, o diario Público, ven de facer unha proposta dos DEZ MANDAMIENTOS DO ESTADO LAICO. Estes serían:

I. Educarás en igualdade
II. Non sermonearás fora do púlpito
III. Non impondrás os teus símbolos ao Estado
IV. Non misturarás a gloria terrenal e celestial
V. Non acapararás as fiestas do calendario
VI. Non invadirás instituciones públicas
VII. Coidarás o teu propio patrimonio
VIII. Acatarás a lei de datos
IX. Non utilizarás os medios públicos
X. Te autofinanciarás

E sobre esto último, estamos na campaña do IRPF, e xa sabemos todos e todas na casilla onde riscar.

CONSORCIO, CHURINGUITOS E ACTITUDES

Jueves, 8 de Mayo de 2008

Hoxe é noticia en diferentes medios que Vicepresidencia de la Xunta de Galicia, é decir Anxo Quintana, expulsa do Consorcio Galego de Servizos Sociais a oito concellos gobernados polo Partido Popular, por criticar este chiringuito (perdón organismo). Despois de asinar fai uns días un convenio con Vicepresidencia para a posta en marcha, entre outras cousas, das Galescolas, Quintana rompe unilateralmente o citado convenio debido as críticas feitas por estes alcaldes populares. Entre estes concellos esta o de O Pino e Lousame, próximos a Compostela.

Aparte de saber encaixar as críticas, os pataleos cando se desempeña un cargo público, e máis si estamos falando do Vicepresidente da Xunta de Galicia, e algo simplemente de “saber estar”. As actitudes e aptitudes dunha parte dos dirixentes do BNG, sobre todo estes dirixentes que tocaron cacho de poder, a medida que remata a lexislatura é as veces deplorable. Podemos lembrar os recentes desplantes de Ánxela Bugallo ao Ministro de Cultura.

Pero estas actitudes e aptitudes tamén as temos a nivel local, e sen ir máis lonxe no meu Concello: Teo. Aquí está gobernando cunha exigua maioría de 6 concelleiros (de 17) o BNG. Deixando aparte a bisoñez do alcalde, Martiño Noriega, o non saber estar, o estar dando magoa nas diferentes entrevistas nos medios de comunicación Quizás o máis penoso e a súa cobardía nos plenos, ante as propostas do PSdeG-PSOE, levando todo o terreo persoal, pensando e dicindo que as mocións e as propostas son insultos  a súa persona, non deixando debatir iniciativas ou alongando artificiosamnete un pleno para que non se poda chegar os rogos e preguntas.

A verdade, que moitos socialistas temos moita paciencia, pero estas maneiras que trasluce o BNG na súa maneira de gobernar, nos fan pensar e actuar cun “BASTA XA”. Os bailes para persoas maiores que se criticaba na etapa do  Partido Popular, son agora eles quenes os organizan e defenden como “hábitos de vida saudables”, simplemente cambiando a O Fary por productos enxebres.

Por eso polo menos en Teo, no meu concello; ante a deriva nacionalista e integrista do alcalde Martiño Noriega

está o talante, a experiencia, o traballo e sobre todo a preocupación polos problemas dos veciños dos Socialistas de Teo e do seu Secretario Xeral Jano Leis.