DATA DE CADUCIDADE
Sábado, 27 de Septiembre de 2008En maio do ano pasado o BNG accedeu á alcaldía de Teo por ser o partido (bueno, eles prefiren denominarse agrupación frentista, polo menos ata o vindeiro congreso) máis votado e contando co apoio do PSOE na súa investidura. Pouco máis dun ano máis tarde e despois destes meses de ineficacia e ineficiencia na súa xestión temos un goberno municipal nacionalista absolutamente CADUCO. Sen folgos, sen forzas, sen ideas, sen proxectos e co único obxectivo do Doutor Noriega de enfrentarse ao Secretario Xeral do PSOE de Teo. Están tan absoutamente noqueados e sobrepasados pola realidade da política municipal que son incapaces de respostar ao anterior Alcalde, Armando Blanco, cando lles chama parásitos. Pero sí, se movilizan para defender que unha edil do equipo de goberno non perda unha dedicación parcial.
Cando se aproba o carnet de conducir, realmente non se sabe conducir; eso o dá a práctica. O Doutor Noriega debería saber que non por ser médico e saber cubrir receitas se sabe gobernar. Gobernar é facer política, é acadar maiorías, é negociar, é traballar polos veciños e veciñas, é respeitar ao rival político (que non é un inimigo), é ter valor de recoñecer os erros, é saber estar, é saber comportarse, é ser demócrata, é saber impoñerse coa dialéctica e os feitos e non cun golpe na mesa. En definitiva é ser persoa e non un mero individuo sen capacidade pero con ferocidade.
Martiño Noriega seguro que de neno soñaba con ser médico. Cando foi médico soñaba con ser Alcalde. Agora cando é Alcalde soña cunha mocion de censura necesaria para sacarse de enriba esa responsabilidade que nun momento da súa vida pensou que podía xestionar. Agora o Doutor Noriega non ten soños, ten pesadelos. Arrepíntese de ser Alcalde, responsablidade para a que pensou que servía. Nun ano decatouse da súa incapacidade e por eso suplica constantemente que a oposición faga esa moción de censura.
Doutor Noriega se vostede está arrepentido ou sobrepasado ten a porta do Concello aberta para sair. Se pode sair dunha maneira elegante e recoñecendo o cansancio e incapacidade propia ou ben se pode sair dando lástima, pena….. é decir o que a vostede lle gusta.
Esa dexesada moción de censura, estimado e incapaz Alcalde non a verán os seus ollos.












