Pois efectivamente, xa vai un ano que escomencei esta travesía pola blogosfera. Despois de algunhas tentativas fracasadas xa dende o ano 2006, en outubro do ano pasado e coincidindo coa semán contra a pobreza, dentro da Campaña Pobreza Cero me decidín a sacar á rúa un blog. A cousa empezou sendo un blog de temas relacionados coa solidariedade ata que caeu no abismo da política. Nada raro para os que me coñecen un pouquiño.
Ao principio estiven como é normal en blogger, ata que en febreiro deste ano “profesionaliceime” cun dominio propio e o wordpress.
Despois de máis de 11.000 visitas e de 140 posteados, penso que seguirei algún tempo máis na blogosfera. Grazas aos compañeiros e compañeiras blogueriles, grazas aos compañeiros e compañeiras socialistas, grazas aos polemistas e tamén grazas a algún troliño
Compartir