e tamén un pouco de vergoña se sinte cando se entra nun blog oficial dunha agrupación socialista e se teñen que ler comentarios como os seguintes

Si esta é a maneira en que se colabora nunha campaña electoral dende unha agrupación socialista, pois a verdade que non entendo ben o chiste ou o sentido do humor da xente que escribe esto. Se supón que estamos falando dun blog con moderación de comentarios, e no que nunca aparecen críticas a xestión socialista en Teo pero como se pode ver, sí que se permiten críticas a xestión socialista na Xunta e máis concretamente do noso Presidente. Estamos falando dun blog, é esto é algo sabido, no que escribe moi pouca xente e no que a maioría dos anónimos están feitos para “xenerar opinión”. E sobre todo é o blog oficial do PSdeG-PSOE de Teo.
Estamos inmersos nunha campaña electoral, debemos remar todos cara adiante. É un esforzo que moitos bloggers levamos facendo tempo como se amosa na Galisfera. Sabemos que nese blog os comentarios que critican o simplemente reflexan unha discordancia coa xestión e estratexia levada no concello son eliminados e é indignante que non se faga o mesmo coas críticas ao Presidente. Ou se eliminan todos ou se permiten as discrepancias, non pode ser que ao único socialista que se critique sexa ao noso Presidente.
Indignante é a palabra. Indignante é tamén que cando eu mesmo fago unha crítica, como nalgunha entrada do meu blog, se me aplique o de “conmigo ou contra min”.
Outros moitos militantes nos onorgullecemos de ter un Presidente socialista, non vomitamos despois de depositar o noso voto e facemos campaña activa para que o PSdeG-PSOE acade os mellores resultados nunhas eleccións galegas.
VOTA TOURIÑO, O PRESIDENTE

Compartir