Archivo de Marzo de 2009

O INICO DA RECUPERACIÓN

Martes, 31 de Marzo de 2009

A Cumbre do G20 debe representar unha nova etapa no esforzo da comunidade internacional por sair da crise finacieira e económica.

 

Outros din que serían pouco patriotas por apoiar as medidas do goberno.

 

IMOS AOS POUCOS

Viernes, 27 de Marzo de 2009

Antes de nada, é como demócrata que son, teño que felicitar a candidatura oficialista da Agrupación de Teo por obter o respaldo maioritario da Asamblea celebrada onte para a elección de delegados ao Congreso Extraordinario. As victorias son victorias e as derrotas son derrotas, eu non creo nin nas amargas victorias nin nas dulces derrotas. Onte a noite o que máis se escoitaba na sala da Agrupación Socialista de Teo eran dúas cousas, como cruxía o espinazo do Secretario Xeral polo esforzo telefónico feito en traer aos seus incondicionais á Asamblea e como lle castañeaban os dentes no reconto, suspirando porque a candidatura alternativa non acadase ese incómodo 20%.

Os que o coñecemos sabemos que baixo esa apariencia de tranquilidade que sabe transmitir polas tablas que ten, non poido ocultar esa intranquilidade á Asamblea. Algúns dos seus incondicionais xa o comentaban na saída da mesma. Ter que baixar á area, debatir de ideas e non de persoas, ter que pedir favores para que se acuda á  Asamblea … pasa factura …. pasará factura….. e nalgúns casos xa pasou factura.

Soamente acadamos o 14% dos votos. Soamente?. Soamente, cando só levamos traballando de xeito coordinado desde despois das eleccións do 1 de marzo, para nós é un gran comenzo. Lembremos que a semente do Sector Crítico actívase coas últimas baixas na executiva e fragua coa historia viva do partido en Teo. Aparece na Asamblea do pasado mes de novembro no que se reelixe ao Sr. Leis como Secretario Xeral con soamente 5 votos en contra (nunha asamblea de 40 militantes), e agora saímos dunha asamblea multitudinaria co respaldo do 14% da militancia. Como dí o Secretario Xeral: “Hai xogo”.

A Asamblea de onte, serviu para dúas cousas fundamentais. En primeiro lugar amosar á Asamblea que podemos falar de política nun atril sin ter tricornio nin berrando “todos al suelo”. A pesar das discrepancias políticas, amosamos que non somos golpistas, nin quintacolumnistas, nin resentidos tabernarios nin intoxicadores de blogs. Somos militantes como os que máis, somos socialistas como o resto (nin máis nin menos) e acatamos as decisiones democráticas. Temos un discurso crítico, pero constructivo. Queremos cambiar as cousas para mellorar o partido no noso concello. Queremos mellorar as cousas para que os nosos votantes se sintan orgullosos do partido e da mesma maneira podamos repescar eses votantes que perdemos nas eleccións locais e nos apoian no resto de citas electorais. Neste momento cada vez máis militantes son conscientes de que se poden gañar asambleas pero se está a perder a rúa.

Esto é unha carreira de fondo, e o Secretario Xeral é como o veterano ciclista campeón que fai de tapón a renovación xeneracional e de estratexias, pero que gaña ao final por un golpe de ril. Pero de golpe de ril en golpe de ril, a fatiga aparece. Segue gañando etapas golpe a golpe (no caso de onte, telefónico e automovilístico) pero empeza a notar o alento fresco no pescozo da xente que ven detrás, máis frescos, con outras estratexias e espoleados pola aficción. A fatiga aparece, o pleno do mércores e a asamblea de onte son dous recentes exemplos. E sobre todo a fatiga aparece cando se dan contínúos golpes de ril para no gañar nada ou gañar etapas en liña pero cando chega a alta montaña aparece “la pájara”. Para clarexar as cousas, este parágrafo non mo dictou ninguén eu son aficcionado ao ciclismo televisivo.

E remato, como rematei a miña intervención de onte: “HAI FUTURO”

EU DICTO, TI ENMENDAS

Jueves, 26 de Marzo de 2009

El Correo Gallego

Facía xa uns meses que non ía a un Pleno no Concello de Teo. Ao último que fun, alá polo mes de outubro a verdade que saín un pouco avergonzado da actuación do grupo municipal do meu partido. Pero como todo é superable, a actuación de onte é digna de estudo nos manuais de “chapuzas poíticas”. Titulares como os que presiden hoxe a prensa local tanto en La Voz de Galicia como en El Correo Gallego, non son raros si asistes ao pleno e ves o que pasou. O ABC do sentido común, dinos á xente normal que se tes alguén algo picado e non queres que se pique máis, pois non lle toques as melindres. Falando claro, se tes picado a un medio de comunicación, non o acuses publicamente de facer política partidista, ainda que o penses. Man esquerda????………..nunca, ao fin xa temos pouco máis que perder.

A destacar a actuación do portavoz socialista, que despois de tentar presentar unha enmenda, se volta atrás. E cando a asume o representante de InTeo (sí, ese con el que non se quere saber nada publicamente) o Secretario Xeral practicamente lle dicta palabra por palabra e factura por factura a enmenda a Manuel Parajó. Un espectáculo que sinceramente aos socialistas de ben e aos que temos un pouco de raciocinio nos poñe os pelos de punta. E como o alcalde non é tonto, e é bastante máis hábil que outro que todos coñecemos, fai un receso para que a oposición negocie a enmenda e de paso se obteña unha fotografía como a que preside esta entrada. PREMIO…CANCIÑO PILOTO, a ver como se explica esto.

Outro punto de fricción, foi o relatorio das conclusións da comisión de investigación da estrada de Luou. O non saber estar, e o quedarse sen argumentos fai que ainda que ao grupo socialista en certa meneira lle asistese a razón, esta se perda por actitudes pouco elegantes. Os que asistimos as Asambleas da Agrupación, xa coñecemos as maneiras de “hooligan” do señor Rama. Pero estas maneiras, non se poden nin se deben empregar de portas para afora. E sobre todo non se deben perder os papeis co Alcalde e rematar dicindo un “eu non fun a universidade”. É necesario lembrar que a educación e os valores pouco teñen que ver co nivel de estudos e sí co saber estar e comportarse.

Esta imaxe peripatética amosada onte, fainos reforzar a idea de que a renovación non só de persoas, senon de discurso é altamente necesaria.

 

O QUE SE LEE EN INTERNET

Viernes, 20 de Marzo de 2009

Teo debe ser uns dos concellos galegos con maior concentración de blogs por habitante. E se falamos de blogs políticos o índice per cápita aumenta. A cuestión non é soamente escribir nun blog senon que a xente te lea, faga comentarios e se entre nun enriquecedor intercambio de pareceres. Na actualidade, a blogosfera é utilizada como unha canle máis de información e un post pode chegar a xerar unha morea de consecuencias impredecibles. Uns dos casos de estudo é o coñecido de Microsiervos-IKEA. O poder da blogosfera increméntase día a día, de feito os medios de comunicación tradicionais nas súas versións electrónicas fomentan que os seus lectores participen da actualidade ao través dos blogs.

A blogosfera o quinto poder, esto xa se decía fai uns anos. Pero da mesma maneira que eleva aos altares, cando se mete a zoca se baixa ao inferno. Hoxe en día o que se publica na rede chega a sitios impredecibles. E da mesma maneira non se pode nin se debe minusvalorar a opinión que xeneran. Poñamos uns exemplos, se buscamos en google “Jano Leis” ou ben “PSOE de Teo”, os resultados son os seguintes, e a verdade que non moi positivos:

  

En Teo temos un exemplo de blogs de referencia, e pese a quen pese, e independentemente das opinións amosadas, é o de Tamen Somos Socialista de Teo e o Defensor da Xente de Teo. Simplemente con poñer unha barra de enlaces con todos os blogs do concello, convértense nos sitio de referencia virtual para acceder ao resto de blogs. Esto tamén fai que as súas opinións sexan as primeiras que se lean, xenerando opinión. E como reflexo, as visitas que nos últimos días proceden de sites de referencia ao meu blog.

 

 

 

 

 

ESE SENTIDIÑO…..

Miércoles, 18 de Marzo de 2009

Eso é o mínimo que se lle pide a xente e máis a un representante político: SENTIDIÑO. Nun post anterior xa comentaba que todas as fuxidas cara adiante eran perigosas, tamén noutro comentei que o principio de acción-reacción tampouco era axeitado no facer político. Onte tivemos a oportunidade de asistir na blogosfera nunha das maiores saídas de nai que lembro: comparar a discrepancia dun grupo de militantes cunha intentona golpista, metendo polo medio a prensa (califivcándoa de amarela), ao BNG e non a Sadam Hussein porque xa está morto. E todo esto no  blog oficial da Agrupación Socialista na que milito.

O medo funciona. O de meter medo entre a xente (neste caso entre os militantes de Teo) é unha táctica moi vella, e recentemente moi utilzada por exemplo polo goberno Bush despois do 11-S para tensionar a poboación e manter o control da situación, dando mostras dunha fortaleza innecesaria de amosar (recomendo Fahrenheit 9/11 a partir do minuto 48:45).  Creo que en algo que estamos todos e todas de acordo, é que a comparación co 23-F, pode considerarse algo máis que unha falta de tacto. Pero como ben dice Manel Pardo no seu blog (por certo estase a converter nun dos meus blogs de cabeceira) cando algo se fai ou se escribe, ou o defendes ou pides disculpas. Pero non o retiras sen máis explicación, por moi vermella que teñas a orella.

Esta tolemia política leva a que na prensa aparezan titulares como este, que abochornan e moito.

 

 

 

PASEN E VEXAN

Martes, 17 de Marzo de 2009

Cando todo o mundo está contra un, ao mellor ese un é o que está pelexado co mundo. Facendo amigos….

 

EN POSITIVO

Domingo, 15 de Marzo de 2009

Dende a campaña das Eleccions Xerais de 2008, fun recompilando certos eslogans  (alguns deles  permanentemente colgados no meu blog) que me gustaban, non so por afinidade ideolóxica, senón pola mensaxe positiva que transmitían. Dende a La mirada positiva, ou Defender la Alegría, a Non nos resignamos e por suposto o que eu creo que será un lema que quedará para a Historia con maiúsculas: yes, we can. Obama demostrou que se pode e ademáis  de forma conxunta. Poucas veces, unha frase tan curta concentra tanta carga ideolóxica: todo é posible, so hai que confiar en que XUNTOS podemos facelo.

Por iso, porque eu tamén comparto as mensaxes positivas, porque creo na critica constructiva e na discrepancia xeradora de ideas que finalmente suman, manteño a postura crítica coa xestión levada a cabo polo Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Teo. E ainda que a bos entendedores poucas palabras bastan, non está de máis lembrar, por si alguén non le queda claro que:

 

A expresión da discrepancia  dende o sector crítico faise dende o respeto absoluto ás persoas. Nós debatimos sobre ideas. Non entramos nas descalificacións persoais, porque como xa dixen mais arriba, buscamos construir. Buscamos xerar debate no partido. Quen pretenda que unha agrupación política sexa un bloque monolítico, sen permitir a mais mínima desviación sobre o discurso oficial, dende o noso punto de vista estará errado (alá el), sobre todo pola perda de riqueza ideolóxica que iso conleva.

 

 

¿Quere a executiva local debatir sobre esto? ¿Ou prefire (é mais fácil) centralo so nunha cuestión de “quítate ti do sillón do mando que me poño eu”? O Secretario Xeral da Executiva Local pide que se alguén se presenta como sector crítico ou alternativa debería igualmente presentar un candidato. Os do sector crítico coñecemos o funcionamento interno do partido e sobre todo o respetamos. Nós non pedimos simplemente a dimisión do Secretario Xeral. Pedimos que se debata sobre o proxecto político posto en marcha polo Secretario Xeral dos Socilistas de Teo nestes últimos anos, que se establezan as causas dos malos resultados, que se analice en conciencia o que se fixo mal, e que se aporten solucións.

 

Se eu fose católico diria algo así como “facer acto de contrición e propósito de enmenda”. Aí está o elemento nuclear da nosa proposta: buscar solucións, enderezar o rumbo e definir claramente cal é o noso papel como terceira forza política de Teo. A esta pregunta é a que debe responder  o Secretario Xeral. Moitos votantes a esperan. E se alguén non estivo a altura esperada ou non o fixo ben, debe ser responsable e coherente e irse. Sen esperar a que a un lle obriguen a deixalo. No noso pais, por desgraza, poucos políticos demostran estar á altura e asumen responsabilidades. É máis facil botarlle a culpa aos demais, porque así evitamos a autocrítica.

 

Finamente quixera decir que moitas veces non é fácil resistir a tentación de baixar a area do máis persoal, porque pódeste sentir ferido e molesto, fronte aos ataques (e neste caso falo en primeira persoa) que poden sembrar dúbidas sobre a honorabilidade profesional de quen esto escrebe. (Agradezo persoalmente a análise que fai hoxe Manel Pardo no seu blog). Pero que a ninguén lle quepa dúbida, eu teño claro onde está a liña que separa o persoal do ideolóxico. E aí voume deter. Quen queira debater sobre política, e sobre o rumbo do noso partido  en Teo, xa sabe onde estou. Que ninguén me espere para entrar ao trapo de baixezas e ruindades morais.

Como di a canción de Rosana, “Pa ti no estoy”, para esas ruindades nunca me atopará.

 

 

SEN CHAQUETA, SEN NORTE

Viernes, 13 de Marzo de 2009

e de maneira un pouco abrupta rematou a Asamblea dos Socialistas de Teo onte xoves. A bagaxe de 35 anos de militancia socialista (como él mesmo comentou) se esnaquiza cando un secretario xeral perde os papeis se quita a chaqueta, a modo de xesto desafiante buscando liorta, e se encara cun militante crítico (eu mesmo) e bérralle, bérralle moito e moi alto recriminándolle que non pegou un cartel durante a campaña. Por certo, eu non me quitei a chaqueta, cada un debe permanecer no seu sitio.

Eso sí, quedounos a todos claro que si non vas de interventor ou non pegas carteis nos tes dereito a abrir a boca e eres menos socialista que outros.

Con estes actos, buscaba coma un torero o “oleeeeeeeeeeeeeé” do auditorio tentando botar enriba miña á militancia e único que conseguiu foi quedar en evidencia diante dos militantes como unha persoa saída de sí, que non sabe (ou non quere) guardar as formas e suple con ataques personais o seu esgotado crédito político. Porque coma sempre, él nunca ten culpa a teñen os outros. Cando vexa en Jano Leis un primeiro exercicio de autocrítica, con toda sinceridad serei o primeiro en felicitalo.

E para mostra….. agora tamén se poderá decir que son cousas miñas??

 

 


Pechar
E-mail It