Archivo de Abril de 2009
TRUCOS FOTOGRÁFICOS
Viernes, 24 de Abril de 2009Caeu nas miñas mans o último número da Gaceta Socialista, editada pola Agrupación Socialista de Teo. Neste número se retoma o colorido e a fotografía, quizás un pouco sobredimensionada esta vez. Nos adican un Editorial, editorial que por certo desaparecera do anterior número da nova época. Boto en falta a foto de Tejero, pero en fin, agora toca a moderación, ata a vindeira perda de papeis.
Os trucos fotográficos case que nos acompañan dende os albores da fotografía, e tamén son aplicados en política. Sen dúbida os mestres foron os da escola soviética, que poñían ou mellor dito quitaban aos depurados nese momento, Troski é un o exemplo de desapariciones fotográficas.
Seguidores da Escola Soviética, foron os Chineses, que de a mesma maneira sacaban das fotos ás persoas “non gratas” ou caídas en desgracia para o réxime de Mao. O de gafiñas da esquina debeu pasar a mellor vida.

Despois tamén temos as copias chusqueiras destes grandes mestres, como pode ser a Escola Española, preocupada en iluminarlle a cara a Franco e abrirlle os ollos. Ou fai uns poucos anos a felicitación navideña da Familia Real (aínda que neste momento xa existe o Photoshop).

Outro exemplo de trucaxe fotográfico ocurre o 11S, cando se cambia o sentido do libro que esta mirando Bush Jr. (que non lendo), mentras disfruta da declamación dunha nena

E chegados a este punto, estimados lectores e lectoras vos estaredes preguntando a qué ven esta pequena síntese da trucaxe fotográfica. Pero seguro que algúns avispados lectores xa saben como remato esta entrada.
Pois caendo nas miñas mans a Gaceta Socialista anteriormente comentada, hai unha trucaxe fotográfica por adición, non por supresión nin mellora. Por adición dun elemento. Por adición do Secretario Xeral dos socialistas teenses na foto dos arboriños.

Como se pode apreciar o Secretario Xeral levita un pouco sobre a herba, quero supoñer que é unha montaxe, porque en caso contrario estaríamos falando dun fenómeno que lle corresponde a un superheroe, a un santo, beato ou símil ou ben a unha persoa que está a piques de acadar o excelso estado de benestar psíquico que fai que o corpo se deixe levar polo poder da mente.
Eu, me inclino polo Photoshop tendo en conta outros factores como son que non leva un arboriño na man e non lle da o sol de perfil como ao resto da familia (pais, nais, mulleres, maridos e nenos). O do arboriño é moi significativo porque sabemos que estando ahí tería un na man seguro, seguro, seguro….observemos que son trinta árbores e algúns levan dous arboriños.
Como di o titular da Gaceta Socialista “O Día da Constitución que non quixo festexar o Sr. Noriega….” eu engadiría e o Sr. Leis tampouco, ou o celebrou na súa casa. Soamente pido e solicito que cando na vindeira asamblea se lle bote en cara a algún militante que os compromisos familiares non eximen de estar de interventor ou a min mesmo que non acudo aos mítines nas eleccións, este cabaleiro teña un pouco do que ten que ter para recoñecer que ese día non estaba ahí e non por eso é peor Socialista que outros.
En resumen ou levita sobre a herba ou é un chusco montaxe fotográfico.
ACTIVISTAS PSE.NET
Miércoles, 22 de Abril de 2009Xa está en marcha a rede social propia de activistas do PSOE. ActivistasPSE.net
Xa sabedes, rexistrarse, probar, aportar, compartir e actuar. Con esta iniciativa o PSOE continua a cabeza da utilización da rede e das súas diversas posibilidades. A politica non soamente se fai asistindo a mítines senon difundindo programas e ideas na rede. Tanto o máis importante na sociedade donde as TIC cada dia se integran máis nas nosas vidas.
Ainda que levo co blog paralizado dende o 14 de abril, debido a picos de traballo dignos de Chus Lago. Non me vou quedar coas miñas opinións sobre o novo goberno galego sin amosalas no blog.
Para mostra un botón….para un conselleiro blogueiro que teríamos, me refiro a Javier Guerra, pecha abruptamente o seu blog, borrando ata as entradas que fixo. Sinceramente non sei o que poñerían porque non era seguidor do mesmo, pero ao mellor o contido non foi considerado politicamente correcto para o seu novo cargo político. Eso sí os enlaces a Galicia Bilingue e Derecho a Vivir non faltaban.
FAI 78 ANOS
Martes, 14 de Abril de 2009JOHNNY COLLEU O SEU FUSIL
Miércoles, 8 de Abril de 2009Este ano cúmprese o 70 aniversario da publicación da novela “Johnny got his gun” polo escritor e guionista Dalton Trumbo. Esta novela está considerada como un icono antibelicista, nela se narra a historia dun soldado (Joe Bonham) que durante a Primeira Guerra Mundial, queda mutilado no frente e soamente é un tronco coa cara desfigurada. O mesmo Trumbo, levou a súa novela ao cine a finales dos sesenta. Dalton Trumbo, aparte de ser guionista de películas como Éxodo, Espartaco, Papillón e colaborar no guión de Vacacións en Roma, é famoso por ser uns dos perseguidos, depurados e postos na lista negra durante o Marcarthismo. De feito no ano 1959 gañou un Oscar polo guión da película O Bravo (”The Brave one”), baixo o pseudónimo de Robert Rich, pero non o puido recoller ata 1975.
Non foi Dalton Trumbo o único represaliado no que se chamou a “Caza de bruxas” auspiciado polo Comité de Actividades Antiamericanas da Cámara de Representantes de USA, e presidido polo senador Joseph McCarthy. As actividades deste Comité se desenvolveron entre 1950 e 1956, e por el pasaron infinidade de cidadáns estadounidenses acusados de filocomunistas e antiamericanos. Nomes como Bertolt Brecht, Edward Dmytryck, Jules Dassin, Dalton Trumbo, John Garfield, Dashiell Hammett, Lilliam Hellman, Howard Koch ou Charles Chaplin, foron postos en listas negras impedíndolle as veces o exercicio da súa profesión. Como en todo xuicio deste tipo, hai una serie de persoas que pódese denominar acusadoras, chivatas ou ben oportunistas, que delatan a compañeiros de traballo e profesión. Nesta nómina hai famosos nomes como Walt Disney, Robert Taylor, Robert Rossen, Gary Cooper, Elia Kazan ou Adolphe Menjou; e tamén hai xente que soamente buscaba un protagonismo da súa mediocridade como pode ser a nai de Ginger Rogers. Comentario especial merece Elia Kazan, que pasou de acusado a acusador, ainda que despois pediu perdón aos seus compañeiros polas súas declaracións e acusacións. Tamén hai que decilo que houbo xente íntegra, e que se negou a delatar a compañeiros e que os defenderon, como Lauren Bacall, Humphrey Bogart, Gregory Peck, Katherine Hepburn, Kirk Douglas, Burt Lancaster, Gene Kelly, John Huston… e famosa foi a contestación de John Ford á increpación feita por Cecil B. DeMille no seo do Sindicato de Directores. John Ford, republicano, levantouse e soamente dixo: “me chamo John Ford e soamente fago películas do oeste, non penso que hai alguén nesta habitación que saiba máis sobre o que o público americano quere que Cecil B. DeMille - e él seguramente sabe dárselo …. [mirando a DeMille] Pero non me gusta vostede, C.B. non me gusta o que usted apoia e non me gusta o que vostede estivo diciendo aquí esta noite”.
Respecto aos dirixentes do Comité de Actividadse Antiamericanas, McCarthy morreu alcohólico, olvidado e repudiado polos seús propios compañeiros cando foi censurado e apartado do Comité polo propio Eisenhower ao tratar de involucra a mandos do exército en actividades antiamericanas. Así mesmo, demostrouse que McCarthy minteu sobre a súa carreira militar:
“En ocasiones afirmó haberse alistado y comenzado su carrera desde soldado raso, pese a que, como hemos visto, su posición de juez le permitió una promoción automática al ingresar con los marines -Presentó un historial de 32 misiones de combate para solicitar la preciada condecoración Distinguished Flying Cross, cuando en realidad sólo llevó a cabo 12. la condecoración, en efecto, le fue concedida en 1952. -Falsificó una carta de recomendación del Almirante Nimitz. En realidad, fue el propio McCarthy quien lo hizo, aprovechando su acceso a todo tipo de documentos oficiales como Oficial de Inteligencia -Una herida de guerra que a menudo presentaba como uno de sus máximos orgullos, no fue ocasionada en combate, sino en una especie de fiesta de novatadas que se realiza para los marineros que realizan su primera travesía.”
Outro dos membros do citado Comité foi Richard Nixon, que xa sabemos como acabou dimitiendo como Presidente dos Estados Unidos.
Respecto a Caza de Bruxas, recomendo a lectura de “As bruxas de Salem” de Arthur Miller, escrita en plena ebullición desta situación en 1953 e que relata os feitos que rodearon o xuicio das bruxas en Salem (Massachussetts) en 1692. Nesta obra vese con claridade como una comunidade pode ser manipulada de maneira sectaria en contra de algúns veciños por un iluminado e falsario reverendo.
Ao final, o tempo pon a cada un no seu lugar, McCarthy repudiado y demonizado nos libros de historia ou Nixon dimitido a raiz do Caso Watergate e outras como a nai de Ginger Rogers como unha persoa sin escrupulos que soamente buscaba estar nas portadas da prensa. Mentres outros son lembrados como Charles Chaplin polo Gran Dictador, Dashiell Hammet polo Halcón Maltés, Edward Dmytryck polo Motín do Caine, Brecht polo seu teatro e como comenzaba este post Dalton Trumbo por Johnny colleu o seu fusil.
A historia e a histeria se repite. Soamente hai que mirar atrás ver o que pasou, ver o presente e pensar que os”tempos son chegados”.
NOVO GOBERNO…..POR FIN…..A LOXICA
Martes, 7 de Abril de 2009Aparte dos cambios amosados o pasado domingo, temos que engadir a Ángel Gabilondo en Educación e UNIVERSIDADES (lóxica reincorporación), a Trinidad Jiménez en Sanidade, ao que se lle incorpora POLÍTICA SOCIAL (mellor aquí que onde estaba antes). Sorprende a incorporación de Ángeles González Sinde, actual Presidenta de Academia de las Artes y Ciencias Cinematográficas de España(AACCE), como Ministra de Cultura. O Deporte (ao través do Consello Superior de Deportes) pasa a depender directamente de Presidencia do Goberno.
Cambios lóxicos como comentaba nun post anterior. Pero insuficientes
CON OBAMA E DE CAMBIOS
Lunes, 6 de Abril de 2009O que se debería converter nunha nova de primeira división, como é a xuntanza en Praga entre Barack Obama e José Luis Rodríguez Zapatero, quedou ao final do día eclipsada polas novas sobre a remodeación do goberno.
Colaborar nun NOVO ORDE MUNDIAL, esta é a política que ámbolos dous líderes amosaron como definitoria do novo marco de relación entre USA e España. Con esta xuntanza se rompen cinco anos de desencontros coa administración americana. Pódese decir que as Azores e a retirada de Irak xa é historia.
E mentras esto inundaba os diferentes medios de comunicación, na Cadena SER se filtraba os cambios que se producirán no goberno nos vindeiros días. O ascenso de Elena Salgado á Vicepresidencia Económica, a chegada de Manuel Chaves a unha nova Vicepresidencia de corte autonómico e o esperado e sempre anunciado desembarco de Pepe Blanco en Fomento, son os tres cambios anunciados cunha coletilla de que haberá outros. E esperamos que haxa outros e outras. De Pepe Blanco, pouco máis se pode decir dunha crónica dunha entrada anunciada, con Manuel Chaves (ao igual que pasou con Joan Clos na anterior lexislatura) se facilita a renovación en Andalucía. O caso de Elena Salgado, aparte de ser unha muller cunha traxectoria politica e de xestión de primeiro orde, constituye unha aposta arriscada do Presidente ao sustituir a unha peroa coa bagaxe de Pedro Solbes. Eu son dos da gaseosa.
A coletilla de outros cambios e reducción de carteiras, somos moitos que o vemos con moi bos ollos. Reordenar as Universidades con Educación, Investigación con Industria, Políticas Sociais co rango que debe ter, Vivenda… e algunha outra cousa que me calo, pode e debe significar un cambio necesario para vigorizar o goberno e transmitir unha mensaxe de proactividad á poboación. Sen esquencer o horizonte das europeas que xa está ahí.
Outra cousa é a política de comunicación, que é algo que non acaba de engrasarse ben no goberno. Oscurecer cun tema de política doméstica o cambio das relacións con USA e sobre todo facelo co Presidente de Goberno no extranxero non me ten un resultado óptimo. A foto na prensa será con Obama, pero o titular será a crise (moi necesaria, repito) no goberno.






