Archivo de Mayo de 2009
ESTE PARTIDO XÓGASE EN EUROPA
Martes, 26 de Mayo de 2009DE SUPERDELEGADA A DELEGADIÑA. A PERLY DO ATLÁNTICO
Viernes, 22 de Mayo de 2009Como ben sabedes e nunca o oculto, son vigués de nacemento. Aínda que levo máis de vinte anos por estes territorios capitalinos, sigo tendo moito interés polo que acontece polo Sur de Galicia. Son celtista e non o nego, as praias das Rías Baixas son do mellor do mundo, e a política en Vigo é unha peniña. E sobre todo os vigueses e as viguesas creo que non se merecen o que se lles fai. Fuxindo de localismo sempre criticados por min, e tendo en conta a marcha atrás de Feijoo ao quedar reducida dun plumazo a superdelegación de Vigo a unha delegacionciña de tres departamentos (que por certo xa estaban en Vigo). Cando se promete algo, o mínimo e tentar cumprilo. Moi criticado, e pasou factura nas eleccións de marzo, foi a promesa non cumprida de Touriño de trasladar a sede da Consellería de Pesca a Vigo; pero non menos é a situación actual da promesa da Superdelegación da Xunta para Vigo, con potestade en 14 concellos. Concellos que representarían a potencia económica da provincia e deixaría a actual delegación provincial sita en Pontevedra en segundona. E o triste, que todo esto feito simplemente para conquerir a Alcaldía da primeira cidade galega. E agora todo vale tamén para non perder dentro de dous anos de novo a de Pontevedra (espina cravada no lombo de Rajoy). Todo vale, pero algo se debía estar cocendo fai semanas cando como superdelegada xa non se posicionou Corina Porro.
Pero para Perly Porro, temos outro destino mellor e máis cómodo, Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, o que se coñece popularmente como Porto de Vigo. Fai uns días tomou posesión o máis puro estilo presidencial-populista-florero-porrista. Non faltou ninguén e o acto acabou como se di nalgunhos sitios cun “besamanos”. O nomeamento de Perly Porro para o Porto de Vigo, sin dúbida racha co proncipio de austeridade do Goberno de Feijoo porque indubidablemente vai a ser necesario nomear a alguén que saiba do tema de portos e auga salgada xa que como se di nalgunhas páxinas, Perly Porro é unha persoa incapaz para desenvolver esta labor.
A vida desta Ferrolana, afincada en Vigo é curiosa, e representa un exemplo vivo de trepismo político (moi lícito por outra parte). A súas andainas na sociedade viguesa comenzou xogando ao golf no Aeroclub. De ahí sin dúbida comenza como ela dí “o seu interese polo social”. Daquela, como persoa acomodada nun estrato da sociedade viguesa se deixaba chamar Perly Porro. E así con este nome,comenzou a pasearse por despachos públicos para acadar apoio para o fracasado campo de Golf de Domaio e percorría os centros de maiores da cidade, facendo eso que as persoas ociosas chamaban caridade e adicación aos nosos velliños. Xa a comenzos dos noventa, Perly Porro era coñecida na cidade, a cousa xa estaba encarrilada. Ainda que o fracaso do Golf de Domaio ocasionoulle moitos problemas economicos, por esas datas foi incluída na lista ao Concello que encabezaba Manuel Pérez, e que acadaría a única maioría do PP en Vigo.
Estes anos polo concello os aproveitou para seguir facéndose nome e adicarse “ao social”. Coa salida de Manuel Aguilar da Xunta de Galicia, chegou o momento de Perly. Xa cun Manuel Fraga na súa fase final e cegado por este torbellino loiro do Sur de Galicia a nomeou Directora Xeral de Servizos Sociais. Meu deus….nese momento alguén lle dixo que para seguir facendo carreira política tiña que cambiar de nome, deixamos a Perly Porro e aparece Corina Porro.
Por aqueles anos, polo meu traballo tocoume compartir algunhas xuntanzas con ela. Me lembro de momentos como cando dixo como culmen do voluntariado en Galicia o voluntariado da Cutty Sark, que un par de anos antes pasara por Vigo (claro era o único que coñecía). Ou nun Consello Galego de Voluntariado en plena crise do Prestige, cando unha persoa simplemente deixou deslizar que algo de culpa tería o que autorizou o paseo atlántico do petrolero xa escarallado; ela como gladiadora, elevando esa dulce voz que ten, entre Joe Cocker e o Galo Claudio, non deixou títere con cabeza e pouco máis chamou golpista e pouco patriota (Aznaradas) a esa voz un pouquiño crítica.
Xa de volta a Vigo, como candidata e ao final como alcaldesa despois da actuación de Lois Pérez Castrillo (este é outro elemento ao que se lle pode adicar una post tamén longo), temos á Perly comprometida, currante, presidenta, florista, relacións públicas…..
Durante o seu mandato aparte de engalanar Vigo de macetas, para competir coas economías chinesas (sic), trasladou a sede da Alcaldía ao anterior Reitorado da Universidade de Vigo no Areal. Aparte de costar unha pasta o seu paso foi efímero porque coa chegada de Abel Caballero o despacho da Alcaldía volveu ao edificio na falda de O Castro. O paso pola rúa Areal, tampouco lle trouxo moita sorte xa que nin se lle pegaron aires marciais (antes este edificio era un cuartel do exército) nin aires intelectuais.
Senadora nun momento de transición. Ao pesar do que se decía, nunca podería ser Conselleira de Sanidade (como se rumoreaba) e co adelgazamento da superdelegación de Vigo, soamente quedaba un sillón acorde coa súa capacidade: O Porto de Vigo.
En resume, que peniña, que fixeron os vigueses e viguesas para merecer esto?
ROMA
Miércoles, 13 de Mayo de 2009Ya pasaron unas horas y aunque sigo sin estar recuperado del golpe, ya tengo fuerzas y ganas de darle un último adios a alguién que nos ha acompañado en los últimos 8 años, una preciosa beagle (para mí sin duda la más bonita y la más lista) y que en una tarde un poco lluviosa murió sin que ninguno de nosotros lo esperásemos. A pesar de que llevo una corta temporada de no muy buenas noticias, la muerte de Roma es el golpe más duro que he recibido ultimamente. Se encontraba mal, desganada, triste, no comía, no bebía, la cogí en mis brazos no tenía fuerzas para subir al coche y en brazos entré con ella en el veterinario, allí la dejé y la vi por última vez viva. Después cuando volví a la clínica veterinaria no fui capaz de verla dormida para siempre, preferí quedarme con esa mirada triste que ahora sé que me estaba diciendo “tío, me estoy muriendo”. Me quedo con lo mejor de ella, que fue todo. Horas de compañía en silencio, de juegos, de carreras, de lambetadas a las crías recién nacidas, ese instinto protector y de defensa que desarrolló a partir del naciemiento de Emma, de cariño y de una fidelidad absoluta a cambio practicamente de nada. Siento que falta algo de mí. En mi vida he tenido pérdidas de familiares, de familiares políticos, de amigos y famliares de amigos, pero hasta ayer nunca he tenido ese sentimiento de perder algo de mí, algo que estuvo ocho años a nuestro lado y que no va a volver a sentarse a tu lado mientras comes, chantajeándote con su cariña para que le des algo de tu comida.
Puede que alguien piense que exagero porque solamente era un perro. Me da igual, era Roma y ahora ya no está.
ANTONIO VEGA
Martes, 12 de Mayo de 2009Fai unhas horas que morreu Antonio Vega, toda a súa vida adicada á música primeiro con Nacha Pop e despois en solitario.
Dende o 1980 coa primeira apararición de Nacha Pop en Televisión, cun xa clásico do pop español “Chica de Ayer”
Ata o reencontro da banda no Concerto do 40 aniversario dos 40 Principales en xuño do 2006, 25 anos despois
Pero aparte deste clásico, no sdeixou outros temas para sempre lembrar
Unha pequena homenaxe. Ata sempre
MARCA FINS SOCIAIS
Lunes, 4 de Mayo de 2009Comenza maio, e comenza tamén a campaña do IRPF. E como tódolos anos comenza a campaña de difusión da importancia de riscar a casilla de FINS SOCIAIS. Este ano 2009, por primeira vez tódalas principales plataformas de ONG se unen para solicicitar por parte da cidadanía que non se esquenzan de riscar nesa casilla tan importante. Este é un ano especial por tres motivos: primeiro, pola crisis; segundo, pola unión del sector contra os seus efectos; terceiro, porque a casilla de Fins Sociais cumpre 20 anos e tratase dun sistema que funcionou moi ben.
Na campaña deste ano están unidas as maiores plataformas solidarias do Estado, que agrupan as entidades sociais que prestan atención a un importante número de colectivos vulnerables en España. Concretamente: Plataforma de ONG de Acción Social, Coordinadora Española de ONGD, Plataforma de Infancia, e Plataforma del Voluntariado de España.
Diferentes iniciativas de comunicación se poñerán en marcha, entre elas a web Marca Fines Sociales, unha canle en Youtube, Facebook…. e a túa colaboración e axuda.
Anímate e engade o banner no teu blog. Non o esquenzas: MARCA FINS SOCIAIS







