OCUPANDO ESPAZO

Fai poucos días o Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Ricardo Varela, anunciaba o adelanto da celebración do Congreso dos Socialistas Galegos para o 25, 26 e 27 de xullo. Aparte da miña sorpresa inicial, non podo máis que considerar que a designación destas datas é moi acertada. Por unha banda, o cheiro preelectoral está algo máis que presente na política galega é este adianto do Congreso, deixa enriba da mesa a especulación dun adianto electoral para o último trimestre do ano. Por outra banda este adianto ocupa o espazo que o nacionalismo galego ten o 25 de Xullo.

O 25 de Xullo, para algúns é o día de Santiago, ou do Apóstolo, ou o Día de Galicia ou para o BNG o Día da Patria Galega. E este día, aparte das festas de Compostela, da Ofrenda Real, ou da entrega das medallas de Galicia; politicamente está monopolizado polo nacionalismo galego coa manifestación anual polas rúas de Compostela, rematando cun acto político na Praza da Quintana. É o acto de forza (ou força para algúns deles) anual do BNG, é o acto político principal do nacionalismo galego, é o acto político que leva as páxinas da prensa do día 26 de xullo e con este ambiente preelectoral este ano significará o ”prietas as filas” do BNG.

 

 

Por iso, que o 25 de xullo comence o Congreso do PSdeG-PSOE, significa ocupar por fin ese espazo acotado ao BNG e ocupar tempo nos medios de comunicación ese mesmo día e o días seguintes e siginifica levar a iniciativa política.

En resume, un acerto o cambio de data e se como indica Ricardo Varela o congreso representará “a consolidación do cambio en Galicia”, temos ahí as eleccións e coa esperanza duns importantes resultados.

Deje un comentario


Pechar
E-mail It