ADEUS AO MONOLITO
Por fin e despois de dous intentos o monolito franquista das Illas Cíes poido ser dinamitado no momento no que o Parque Nacional das Illas Atlánticas é traspasado á Xunta de Galicia.

Este monolito foi erixido no 1961, para comemorar o 25 aniversario da rebelión fascista. Aplicando a Lei da Memoria Histórica, este marmotreto de máis de 16 metros de altura que estaba preto da Praia de Rodas caeu hoxe a mañanciña despois dun intento fallido de onte. Porque hai que recoñecer que estas cousas que se facían para resaltar a memoria de dictador, se facían a conciencia para que resisitise o paso dos séculos.
2 de Julio, 2008 - 0:25
Unha Gaceta…
- A JANO-JACETA
Dous blogues colaborando…
-osmentirososcompulsivosvisitan.blogspot.com
-tamensomossocialistasdeteo.blogspot
¡A VERDADE SEMPRE POR DIANTE!
Día 2 de Xullo de 2008, ás 8 da mañán, duas entradas diferentes, sobre un mesmo tema e publicadas ao mesmo tempo…
¡Non volo perdades por nada!
¡TEO FAI HISTORIA!
2 de Julio, 2008 - 10:56
O equipo da gaceta socialista estamos moi contentos porque está tendo un éxito increible, estamos a recibir moi boas críticas por parte de xente obxectiva nos seus razoamentos.
Ogallá sigamos así, noraboa de novo aos meus compañeiros polo seu excelente traballo.
2 de Julio, 2008 - 13:02
Podedes estar moi contentos, e gustame que a xente estea contenta. Exito estará tendo, non vos digo que non, o éxito a veces e malo e a veces e bo, pero contestame se podes ¿porque non chegou a Gaceta a tódolos veciños do concello e so se mandaron a algunhas empresas teense?
E so comentarche unha cousa, a “xente obxetiva”, non é soamente os que che din que está moi ben, a “xente obxetiva” é a que opina libremente e con veracidade, cousa que vos non deixades facer en ningún dos vosos medios de difusión.
Eu son moi excéptico, e sigo sen crer, que a Gaceta sexa obra vosa, xa que nada se fai dentro do “janismo”, sen o consentemento ou beneprácito do voso “Ser Supremo”. Se non recorade que pasou cando se querían formas as Xuventudes Socialistas de Teo (preguntadelle a Braulio, que o sabe ben, ainda que vote ao Bng).
Un saúdo
¡Socialista Sempre!
2 de Julio, 2008 - 17:17
Ola de novo,
e teño o presentimento que esto vai ser un dos primeiros menxases dunha cadea de comentarios cos que acabaremos algún día tomando un café.
Respostando as tuas cuestións e como parte do equipo que fixo a Gaceta, podes ter a total seguridade que as persoas que aparecemos como autores, realmente o somos. Pola miña parte por unha cuestión fundamental, eu non poño o meu nome onde non fago nada. E como eu, o resto de compañeiras que me acompañan na redacción. Tes a liberdade de crerme ou non, pero como noutros comentarios parece ser que tes un bo concepto de min, te podo asegurar que unha boa parte da Gaceta Socialista é obra miña. Agora, si me queres crucificar por isto, non hai problema que eu merco os cravos.
E sobre o que dí Yolanda, os comentarios qeu estamos a recibir son positivos tanto polo cambio do diseño, como nos contidos. As veces decir as verdades é duro, sobre todo para algúns que levantan a man nas votacións pensando que pouca xente vaise a enterar da súa felonía.
3 de Julio, 2008 - 11:22
En fin….hai cousas que costa ler, sinceramente mais que nada polo seu contido calumnioso, pero como cando gobernemos, serás unha cidadana ou cidadán máis do concello non quero ter inimigos nin facerme mala sangre. Explícoche:
Mira unha cousiña. Temos compañeiros nosos do comité que non recibiron a gaceta na casa, ahí a culpa será do servicio de correos digo eu, asegúroche que cando vamos á oficina lle entregamos un papeliño para que se distribúa por todas as zonas do concello, sen ningún tipo e prioridade con ninguén. E mira, eu son Yolanda Mosquera Cerviño, a de Balcaide como din en algún blog, e asegúroche que non minto e menos nun medio público como pode ser este blog.
En segundo lugar, as insinuacións sobre os contidos da Gaceta Socialista, decirche que envidentemente o noso secretario xeral Jano, como persoa responsable dun partido que é, supervisa o noso traballo, repito, o noso traballo, porque asegúroche que todolos artículos da gaceta socialista están escritos polos redactores que aparecen no staff. E moi indignante o ter que leer isinuacións que dan a entender que os que ahí aparecemos simplemente estamos para aparentar. E non soamente o equipo redactor, o deseñador da revista tamén cambiou e asegúroche que fixo un excelente traballo dirixido por min, e coa opinión do resto dos compañeiros, e sempre repito coa supervisión do secretario xeral loxicamente. Supervisión, enténdeme ben non imposición de ideas.
Con respecto ao de que mandamos a gaceta só a algunhas empresas…. en fin, xa non sei si contestar. Somos un partido que traballa en clave de Teo, no caso de estar no goberno faríamolo igual, sen distinción entre votantes do psoe, do pp ou do bng. Unha visión lonxe do favoritismo a certos sectores sociais e de ser simpáticos ou amigos soamente cos nosos votantes. ¿que gañamos nós enviando a nosa revista a algunhas persoas soamente? o que nos queremos, e o contrario. Que a nosa verdade se extenda por todo o concello…. é de lóxica o que digo… repito, compañeiros nosos de partido a día de hoxe non recibiron a gaceta socialista nas súas casas.
Para poñerche un exemplo:o periódico do concello, o que saíu hai uns días tampouco o recibín, e non vou decindo por ahí que non o recibín porque non son votante do BNG, me parece un razoamento, sinceramente e sin ánimo de ser irrespetuosa, absurdo, e sobretodo unha afirmación calumniosa e moi inxusta.
Estou disposta a manter un debate contigo sobre este tema incluso en persoa si queres, xa sabes que as nosas reunións do comité local son o luns as 20:30, cando queiras explícoche e demóstroche todo esto, en persoa.
Saudiños