37 CONGRESO FEDERAL. CONCLUSIÓNS

Pois xa rematou o 37 Congreso Federal do PSOE, sin dúbida o congreso con maior protagonismo na rede. De feito as miñas informacións sobre o Congreso proceden dos diferentes bloggers que acudiron a Madrid, outros non poidemos. A destacar, a chegada de Leire Pajín como Secretaria de Organización, o grande respaldo obtido pola nova Executiva Federal, a inclusión na mesma de Bernarda Jiménez e a volta do Vicesecretario Xeral na figura de Pepe Blanco.

Aparte de todo esto, o que destacan os diferentes medios de comunicación é un chamado xiro á esquerda nas directrices emanadas do Congreso. Os Planes do PSOE para os vindeiros anos aparte de axeitados coa evolución da sociedade española os tomo como propios porque recollen moitas das miñas opinións. Eso sí, unha mágoa que a Enmenda Facebook quedase un pouco laminada.

Foi un Congreso de ideas e non de nomes ou de equipos como o do Partido Popular. E ainda que Mariano pensa que estas cousas que se discutiron no 37 Congreso non importan aos españois, esto amosa que lonxe está ainda o “renovado PP” da nova sociedade española.

Por certo, e Sánchez Bugallo na Executiva Federal.

1 comentario sobre “37 CONGRESO FEDERAL. CONCLUSIÓNS”

  1. TSSDT dijo:

    Noraboa a Pepe Blanco e a Sánchez Bugallo. Tamén a noso presidente Jose Luis por continuar co seu talante e bo facer neste 37 Congreso Federal ¡un grande éxito!.

    Sinto que a enmeda para os “cibersimpazantes” non prosperase coma se quería, xa que isto sería un gran avanze, outra vez será.

    ¡Socialita Sempre!

Deje un comentario


Pechar
E-mail It